Mostrando entradas con la etiqueta documental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta documental. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de enero de 2010

Vídeo do amerizaxe do Hidroavión DO-X en 1930 na bahía Coruñesa


Enlace o vídeo:
http://flocos.tv/curta/hidroavion-aleman-do-x/
Único documento cinematográfico que se conserva da chegada a Galicia do hidroavión DO-X, orgullo da aviación alemá... Ao final, á unha da tarde do 24 de novembro, como anunciara A voz de Galicia, o colosal paxaro mariño apareceu detrás da Torre de Hércules. Esta película recolle á mole tras o seu amerizaje, fronte á Illa do Castelo de San Antón, parándose xunto a abóiaa de amarre, fronte ao Náutico. Podemos ver, tamén, o antigo edificio do Hotel Atlantic.
O primeiro aeroporto que tivo a cidade, o mar!!

De 1926, o primeiro documental galego en vídeo, sobre Coruña


Enlace o vídeo:
http://flocos.tv/curta/tranvias-de-la-coruna/alta/
Estamos diante dunha xoia recollida na Cinemateca Uruguaya de Montevideo e recuperada pola Consellaría de Cultura. Trátase de ‘Tranvías de La Coruña’, o máis antigo documental galego que se conserva, que está datado en 1926. Ten unha duración de 16 minutos e ten orixes descoñecidas polo momento. É un exemplo máis do chamado “cinema de correspondencia”, que é un curioso subxénero de documental insólito no panorama cinematográfico mundial.
Curioso que tivéramos un tranvía con mais recorrido en 1926 que hoxe, era mais fácil chegar a Sada fai un século!!